Aula 14: Xoán Montes. Negra sombra.
Cando penso que te fuches negra sombra que me asombras, ó pe dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida no mesmo sol te me amostras i eres a estrela que brila i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas si choran, es ti que choras i es o marmurio do río i es a noite, i es a aurora. En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. Con estes intensos versos de Rosalía de Castro (1837-1885) compostos dende a profundidade da alma, Xoán Montes (1840-1889) inspirouse para crear a súa fráxil pero fermosísima melodía da peza Negra sombra composta en 1892 para o Certame Literario, Científico e Musical de Pontevedra. O impacto causado pola maxestosa combinación de notas e conxugacións dunha melodía tan simple, tan sinxela pero tan sublime á vez, fíxolle proclamarse gañador do accésit no concurso nomeado. Esta peza, escollida e gravada polos dous grandes profesores do noso conservatorio José Luis