Aula 24: Reveriano Soutullo

Marcado pola influencia musical franco-alemaná nas súas zarzuelas, Reveriano Soutullo (1880-1932) foi o compositor galego equivalente a Beethoven debido á súa habilidade compositiva malia padecer xordeira. Dende ben noviño iniciouse co cornetín grazas ao seu pai, que dirixía a banda de música de Redondela (Pontevedra), e cedo amosou as súas aptitudes harmónicas que lle levaron a estudar música co director da banda de Ponteareas, e mais adiante, ao Conservatorio de Madrid (1900).

Unha vez asentado en Madrid, compuxo varias pezas de renome entre as que destaca El cofrade Matías (1914) e Amores de aldea (1915), pezas que lle impulsaron á fama como compositor no eido lírico, xa que a zarzuela era o xénero musical da época e predilecto por Reveriano. A xuntanza e colaboración co compositor valenciano Juan Vert na zarzuela La leyenda del beso (1923-24) catapultouno directamente á primeira liña de compositores da época, e acadou unha reputación confirmada polo posterior estreo doutra xoia, como é, La del soto del parral (1927). 


Entre todas estas pezas líricas, destacan algún traballos feitos para piano que manteñen ese ton lírico coma as Mazurkas do álbum En noche de luna: Mazurka nº 4 (Entrevista Amorosa) que resulta ser a peza escollida nesta ocasión para representar a Soutullo, grazas á magnífica interpretación da nosa formidable alumna María Lejuán Terán baixo a dirección do seu profesor Miguel Sancho.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño