Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

Musicando a Carvalho Calero 2ª entrega

Imaxe
Comezamos o mes de febreiro, cunha segunda entrega dos traballos realizados polo alumnado de piano complementario na nosa homenaxe á figura de Carvalho Calero. Como recordaredes, as alumnas e alumnos de Piano complementario do Xan Viaño, póñenlle voz e música á súa poesía, resultando traballos verdadeiramente fermosos e profesionais.    Compartimos hoxe, os poemas interpretados por Daniela Redondo (5º GP), Elisa Sardiña (6º GP) e Nuno Brites (4º GP). Grazas a todas as alumnas e alumnos que participan nesta iniciativa, por aceptar este reto de recitar, crear e interpretar no piano, o que supón un gran esforzo, tendo en conta ademáis, que o piano non é a súa especialidade instrumental.  Grazas ás súas profesoras de Piano complementario Raquel Paz e Alma Cendán, por animalos a participar nesta iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Xa adiantamos, que publicaremos máis traballos ao longo do curso, pois o proxecto está tendo moi boa acollida no centro. Esperamos que gocedes

Carvalho Calero segue no 2021!

Imaxe
 Continuamos neste 2021 coa nosa homenaxe a Carvalho Calero, nesta ocasión cunha achega de Beatriz Varela, profesora de piano complementario do noso conservatorio. Trátase da canción "Non sei se matei" con letra de Carvalho Calero e música composta por Beatriz xunto con Xan Casabella. Podemos escoitala nesta gravación que con tanto cariño nos mandan Beatriz (voz) e Xan Casabella (guitarra). Moitísimas grazas a Beatriz e a Xan, por compartir con nós o voso traballo. Parabéns!

Ampliación do prazo de participación no Concurso Ricardo Portela

Imaxe
Amplíase o prazo de participación no concurso de creación artística  Ricardo Portela ata o 1 de marzo. Compartimos de novo as bases do concurso, a nimádevos  a participar!!! BASES CONCURSO RICARDO PORTELA Neste ano 2020, centenario do nacemento do gran gaiteiro Ricardo Portela, o Equipo de Dinamización da Lingua   Galega xunto co Departamento de Música Tradicional, convoca un concurso de creación artística para rendirlle homenaxe, a esta figura emblemática da cultura galega co obxectivo de dar a coñecer a súa figura, difundir o seu legado e o seu estilo e técnica interpretativa. 1. DESTINATARIOS Poderán participar todos os alumnos e alumnas do Xan Viaño de todas as idades e todos os cursos. 2. INSCRICIÓN Poderán presentarse todo tipo de proxectos inspirados na figura de Ricardo Portela: relatos e todo tipo de creacións literarias, vídeos, audios, mapas conceptuais, todo tipo de creacións plásticas, obras musicais adicadas ou inspiradas en Ricardo Portela, interpretacións propias do seu

Os nosos primeiros rexistros fonográficos

Imaxe
Queremos comezar este ano recomendándovos unha colección de xoias sonoras galegas: o Proxecto Lousas. Grazas a esta iniciativa do Consello da Cultura Galega  temos á nosa disposición os primeiros rexistros sonoros de contido galego. Podes escoitalas no Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega!

2021 é galego!

Imaxe
  O 2021 chega cargado de ilusións e proxectos para este Equipo de Dinamización da Lingua. Por diante temos a bonita iniciativa de nomear as aulas do conservatorio con nomes de grandes compositor@s e intérpretes galeg@s, continuar coa nosa homenaxe musical a Carvalho Calero, a resolución do Concurso Ricardo Portela… e moito máis! Estamos desexando compartir todo isto con todos vós e como non, abertas a novas propostas. Se cadra, súmase a toda esta emoción alguén de vós que ten entre os seus novos propósitos para este ano dar o paso definitivo ao galego. Benvidos tamén! Amodiño, ma non troppo!