A guitarra na Galiza no Xan Viaño
O pasado venres aprendemos e gozamos con A guitarra na Galiza de Isabel Rei, un interesantísimo estudo histórico sobre este instrumento na nosa terra. Tras unha presentación baseada na súa Tese de doutoramento A guitarra na Galiza, puidemos escoitar a Isabel interpretando na guitarra fermosos temas de compositores galegos que escribiron para este instrumento. Isabel tamén nos achegou a guitarristas históricos do Ferrol e arredores, terra de gran tradición vinculada a este instrumento. Moitísimas grazas a Isabel por compartir coa comunidade educativa do Xan Viaño, toda esta riqueza enorme de coñecementos sobre a guitarra na Galiza. Isabel coas profes de guitarra do Xan Viaño, Águeda e Ana