Aula 27. Canuto Berea

A nosa aula 27 leva o nome de Canuto Berea, pianista, violinista, profesor, compositor e empresario galego, figura fundamental na difusión da nosa música, e tamén quen tivo a primeira tenda de instrumentos musicais de Galiza. Dende hoxe temos un novo fondo na nosa biblioteca para poder achegarnos máis á súa figura e ao seu legado. O libro titulado " La Saga Berea en la ciudad herculina" do que é autor Nilo Jesús García Armas, será presentado este venres 27 na Biblioteca Provincial da Coruña mais dende xa está á vosa disposición no Xan Viaño!