Rosa de abril
Hai mellor maneira de comezar este mes de abril que con versos de Rosalía de Castro e música de Andrés Gaos nas voces de nenos e nenas de toda Galiza? Claro que non! Aquí temos esta linda versión na que participaron os e as pequecoristas do noso conservatorio na primeira edición de “ No Bico un cantar, nenos e nenas cantan a Rosalía”, organizada polo Consello da Cultura Galega, no marco da celebración do 150 aniversario da edición de “ Cantares gallegos”. Aquel 7 de xuño de 2013 máis de cincocentos nenos e nenas cantaban a Rosalía en Bonaval, a nosa emoción ao escoitalos anos despois é igual ou maior que aquel día. Feliz comezo de abril con esta xoia do noso patrimonio poético-musical! Rosa de abril Nasin cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por eso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sin ningunha para ti. Desque te quixen, ingrato, todo acabóu para min, que eras ti para min todo, miña ...