Manolo Cociña, unha vida dedicada ao acordeón

O pasado venres 13 de maio, rendémoslle unha pequena homenaxe a Manolo Cociña, un gran home e un gran referente do mundo acordeonístico, que como sabedes dá nome a nosa aula de acordeón.

Na homenaxe presentamos unha emotiva curta que realizou Suso Iglesias, baseada nunha entrevista realizada xunto co EDLG, na que coñecemos anécdotas da súa vida e profesión. Moitísimas grazas a Suso profesor de acordeón, polo seu gran traballo nesta curta e pola súa implicación na homenaxe.

Na seguinte ligazón podedes ver a curta:




Para rematar o acto, que mellor forma de facelo que coa boa música da agrupación Tempo Catro, interpretando uns tangos que lle adicaron a Manolo e que emocionaron a todo o público asistente. Grazas aos seus compoñentes, Suso Iglesias (acordeón), Javier Cedrón (violín), Andrés Pazos (piano) e Antonio Cienfuegos (contrabaixo), por achegarse ata o Xan Viaño, e compartir a súa marabillosa música con todos nós.



Dende o EDLG queremos dar as grazas a Manolo e a súa familia, pola súa presenza nesta homenaxe na que quixemos humildemente amosarlle o noso respecto e admiración, a quen xa é sen dúbida, un referente para os acordeonistas galegos do presente e do futuro.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

O noso primeiro recital poético foi un éxito

Día de Rosalía no Xan Viaño