Última entrega de Musicando poemas galegos


Hoxe último día de clase, presentamos a última entrega de Musicando poemas galegos deste curso. Trátase do traballo de Xiana Ruiz Martínez de 3º GP de Piano complementario que nos presenta Galicia, un fermoso poema de Manuel María. Xiana pon a súa voz no recitado e tamén realiza o acompañamento no piano, baixo a dirección das súas profesoras de piano, Raquel Paz e Carla Lorenzo.

Parabéns ás tres por este gran traballo!

De seguro que o curso que ven, seguiremos musicando moitos máis poemas en galego!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

O noso primeiro recital poético foi un éxito

Día de Rosalía no Xan Viaño