Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O Xan Viaño e Carvalho Calero

Musicando a Carvalho Calero IV

Imaxe
  Despois da celebración das Letras Galegas e a piques de rematar o curso, presentamos a derradeira entrega de traballos de Piano Complementario deste curso, adicados á figura de Ricardo Carvalho Calero. Como ben sabedes por pasadas entregas, estes alumnos poñen a súa voz no recitado do poema e a música  no acompañamento do piano, que eles mesmos crean seguindo estruturas harmónicas traballadas na aula durante o curso. Andrés Rodríguez Boutureira de 3º GP, Ana García Novo de 6º GP e Emma López Laundenbach de 6º de GP, alumno e alumnas da profesora Beatriz Varela Rodríguez, e Nerea González Fernández de 4º GP, alumna da profesora Raquel Paz Meana, son os autores destes fantásticos traballos. Parabéns pola vosa creatividade e expresividade, tanto na música como na poesía! Grazas tamén ás súas profesoras Beatriz e Raquel, por animalos a participar nesta iniciativa a prol da visibilización de Carvalho Calero.  Seguro que no vindeiro ano, seguiremos no Xan Viaño con máis ...

Musicando a Carvalho Calero 3ª entrega

Imaxe
  Unha nova entrega de Musicando a Carvalho Calero chega ao noso blog. O alumnado de piano complementario segue a traballar na figura do escritor ferrolán, con máis poemas e máis música! Hoxe é o turno dos traballos realizados por Susana González Julias de 6º GP, Marta Monteagudo Meijón de 5º GP e Jorge Orosa López tamén de 5º GP. Parabéns aos tres polos vosos traballos!! Compartimos tamén unha foto da homenaxe a Carvalho Calero do pasado sábado organizada pola  Fundaçom Artábria de Ferrol, na que participou Omar Calderón Yáñez alumno do noso conservatorio. Grazas ao fotógrafo Pedro Branco, por cedernos a foto para o noso blog.

Despedimos o trimestre con máis Carvalho Calero!

Imaxe
Este vindeiro sábado 27 de marzo ás 12:30 h, a Fundaçom Artábria de Ferrol, organiza unha homenaxe á figura de  Carvalho Calero, no XXXI aniversario da súa morte.  O acto que terá lugar na praza da rúa de San Antonio, fronte as ruínas da súa casa natal, contará con música música tradicional e con poesía, nas voces de Loreto De Castro e de Omar Calderón Yáñez, alumno do noso conservatorio e colaborador das iniciativas do EDLG do Xan Viaño. Animámosvos a que asistades! Que mellor forma de comenzar as vacacións que coa poesía de Carvalho Calero!!

Carvalho Calero no mundo enteiro

Imaxe
Hoxe presentamos unha entrega moi moi especial na nosa permanente homenaxe a Carvalho Calero, cun dos seus poemas máis fermosos recitado por varios dos nosos antigos alumnos que hoxe están polo mundo enteiro. Ferrol, 1916 emociónanos nas súas voces, e dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, non podemos estar máis orgullosas e agradecidas por colaboraren con nós na difusión do noso patrimonio cultural e na reivindicación da figura de Carvalho Calero. Parabéns a todos eles e grazas de todo corazón !

Carvalho Calero segue no 2021!

Imaxe
 Continuamos neste 2021 coa nosa homenaxe a Carvalho Calero, nesta ocasión cunha achega de Beatriz Varela, profesora de piano complementario do noso conservatorio. Trátase da canción "Non sei se matei" con letra de Carvalho Calero e música composta por Beatriz xunto con Xan Casabella. Podemos escoitala nesta gravación que con tanto cariño nos mandan Beatriz (voz) e Xan Casabella (guitarra). Moitísimas grazas a Beatriz e a Xan, por compartir con nós o voso traballo. Parabéns!

Felices Festas!

Imaxe
  Remata este 2020 e queremos desexarvos felices festas. Agradecemos a todo o alumnado e profesorado que colaborou nestes tempos con este equipo de Dinamización da Lingua nesta volta ao cole tan especial. Aos que poidades achegarvos a Ferrol, recoméndamosvos aproveitar estas festas para pasear polas súas rúas e coñecer un pouquiño máis a figura de Carvalho Calero, nesta exposición ao aire libre diante do Concello de Ferrol. Bo Nadal e feliz 2021!

Grandes novidades na nosa biblioteca!

Imaxe
A biblioteca do Xan Viaño vai aumentando os seus fondos, e nesta ocasión temos dúas novidades ben interesantes!  Como non, a biblioteca José Fontenla Leal non pode deixar de homenaxear a Ricardo Carvalho Calero e ofrécenos xa a posibilidade de gozar do seu breve relato, As pitas baixo a choiva e tamén de Ricardo Carvalho Calero, Coraçom de terra , novela biográfica sobre a figura do autor ferrolán, en páxinas ilustradas de banda deseñada. Non o perdades!

Musicando a Carvalho Calero

Imaxe
 Alumnas e alumnos de Piano complementario do Xan Viaño, súmanse á homenaxe que dende o noso centro queremos renderlle este ano á figura de Carvalho Calero. Nas vindeiras semanas iremos compartindo traballos realizados por estas alumnas e alumnos, nos que, para un poema de Carvalho Calero adaptan unha das estruturas harmónicas traballadas na clase de Piano complementario. Eles poñen todo, a súa voz na poesía e a música de fondo interpretada no piano... o resultado é verdadeiramente fermoso.    Hoxe compartimos a primeira fornada destes traballos das alumnas Candela Rañal (5º GP), María López Carballo (5º GP) e Blanca Alvariño (4º GP), pero xa vos adiantamos que estanse a preparar máis, que pronto publicaremos. Grazas a todas as alumnas e alumnos que participan nesta proposta, polo seu esforzo e dedicación, xa que aínda que na maioría dos casos o piano non é a súa especialidade instrumental, fanno extraordinariamente ben. Parabéns! Grazas á profesora de Piano complementari...

O Xan Viaño e Carvalho Calero

Imaxe
 Inauguramos un novo apartado do noso blog adicado ao escritor ferrolán Carvalho Calero, ao que se lle adica este ano 2020 o Día das Letras Galegas. Tal día como o de onte, un 30 de outubro do 1910, nacía no barrio de Ferrol Vello esta figura tan importante da cultura galega.  Ao longo do curso, iremos publicando no blog diferentes traballos sobre Carvalho Calero relacionados coa vida e obra deste gran autor.  Hoxe queremos compartir un video realizado pola Semente de Trasancos na que homenaxean a Carvalho Calero coa divulgación do seu primeiro poema en galego A Galiza que escribiu cando só tiña 15 anos. A música do video é o Alalás das Mariña s interpretado por Milladoiro e a voz que recita o poema e a de Omar Yáñez Calderón, alumno de gaita e canto do noso conservatorio. Parabéns a Semente de Trasancos e a Omar por esta fermosa homenaxe.