Aula de violoncello Clara Groba
Unha das nosas aulas de violoncello leva o nome de Clara Groba, profesora do Conservatorio da Coruña durante máis de 25 anos.
O seu labor como profesora de violoncello formou a moitos dos actuais intérpretes deste instrumento do panorama actual.
Ela mesma foi un referente do violoncello en Galiza, mais un dos piares fundamentais de toda a súa labor, foi sen dúbida a difusión do noso patrimonio artístico e musical, formando parte durante 18 anos da Orquestra de Cámara Galega e difundindo por todo o mundo a obra do seu pai, Rogelio Groba, así como a de outros e outras autoras galegas.
Hoxe temos a inmensa sorte de compartir con vós unha obra composta pola propia Clara Groba, Un intre en sol. A esta fermosísima e emocionante peza, dálle vida unha das profesoras de violoncello do CMUS Xan Viaño, Isabel Font, e á quen lle damos as grazas de corazón por permitirnos manter vivo o legado de Clara.
Comentarios
Publicar un comentario