Pauvre Polichinelle! Marcha funèbre de Marcial del Adalid


Aínda que xa rematamos as clases, séguennos chegando vídeos de obras de compositores galegos traballadas durante este curso dentro do proxecto O galego é música.

Hoxe compartimos Pauvre Polichinelle! Marcha funèbre do galego Marcial del Adalid, interpretada por Nora Luaces Mesías, alumna de 4º GP de piano complementario.

Na seguinte ligazón podedes acceder a entrada do noso blog onde falamos de Marcial del Adalid, que como sabedes, dá nome a nosa aula 37:

https://xanvianolinguagalega.blogspot.com/2021/11/aula-37-aula-marcial-del-adalid.html

Tamén no seguinte vídeo realizado polo EDLG, podedes aprender máis sobre a súa vida e obra:

https://youtu.be/GLd2gorlhxQ

Moitísimas grazas a Nora e ás súas profesoras Raquel Paz e Carla Lorenzo por participar no noso proxecto!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño