Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2022

Únete ao Equipo de lingua do Xan Viaño!

Imaxe
Iniciamos este novo curso coa mesma ilusión de sempre e con moitas ganas de seguir traballando pola promoción da nosa lingua galega.  Durante as vacacións de verán coñeciamos unha boa nova: O CMUS Xan Viaño recibiu o Premio á innovación en dinamización lingüística polo proxecto que levamos a cabo o curso pasado  O galego é música , recibindo a consideración de excelente, xunto con outros catro proxectos máis, tamén premiados. Na seguinte ligazón podedes ver toda a información: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/37626 Este recoñecemento supón para todo o  Xan Viaño unha fonte de motivación para seguir traballando pola nosa lingua e cultura, e de xeito especial,  pola música das nosas compositoras e compositores galegos. Dende o EDLG, queremos convidar a todo o alumnado que así o desexe, a participar directamente con nós no noso programa de promoción da lingua e formar parte do noso equipo. Precisamos das vosas ideas! Se estás interesada ou interesado, escríbenos un correo a edlg.c