Xa chegou a nova Revista Falamus nº 12!

Xa chegou a nova edición da nosa revista Falamus, recollendo todo o acontecido durante este curso tan atípico marcado pola Covid-19, pero tamén cheo de actividades culturais e interesantes iniciativas no noso conservatorio. Moitísimas grazas ao Ciclo superior de Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia do IES Leixa, de xeito especial á profesora María Salas e a Aldara López Hinojosa, alumna encargada este ano da maquetación, por axudarnos un ano máis coa edición da nosa querida revista escolar. Grazas a todos os colaboradores da revista, tanto aos autores dos artigos como aos participantes nas actividades e iniciativas aquí recollidas, xa que sin vós non sería posible esta duodécima edición de Falamus. https://drive.google.com/file/d/1NMEROAWYCls60rjOvEZGPeamvxmtOeqs/view?usp=sharing Esperamos que gocedes coa súa lectura, recordando os bos momentos deste curso 20-21. Feliz verán!