Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2021

Arrincamos!

Imaxe
Dende EDLG queremos darvos a benvida a este novo curso, e invitarvos a participar con nós nos proxectos e iniciativas que temos programadas no conservatorio, a prol do fomento da nosa lingua e a nosa cultura, e que precisan a implicación de toda a comunidade educativa. Sabedes que estamos abertos as vosas suxestións e propostas, así que podedes escribirnos ao email do EDLG do Xan Viaño edlgxanviano@gmail.com. Estaremos encantados de recibir as vosas achegas! E para comezar con moita forza este novo curso, queremos compartir un vídeo que se fixo viral e que seguro xa coñecedes, que amosa a triste realidade do galego nas novas tecnoloxías.  Deixámosvos con Moiraima, a meniña que con tanta tenrura e simpatía, nos abraia e nos dá folgos para continuar promovendo e defendendo a nosa lingua. https://www.facebook.com/alexandra.fisteus/posts/10226912876152366 Fonte orixinal de Alexandra Fisteus Fonte da ilustración: A SILVEIRA de KIKO DA SILVA -  19/09/2021 EL CORREO GALLEGO  https://www.elco