Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2021

Músicas Galegas V

Imaxe
  Meditacións sobre un bemol é unha composición para piano, escrita polo compositor galego Jose Luis Pedrosa, que hoxe temos a sorte de escoitar nas mans de Ainhoa Sanmiguel Pintor, interpretando a meditación nº 2. Moitísimas grazas Ainhoa, por unirte á iniciativa de Músicas Galegas para promocionar ás nosas compositoras e compositores galegos!

Músicas Galegas IV

Imaxe
Continuando coa iniciativa de Músicas Galegas, compartimos hoxe a grabación de Un recordo de Marcial del Adalid, na versión de Noa Cortizas Fernández alumna de piano de 3º GP. Marcial del Adalid foi un importante compositor nado na Coruña no ano 1826, cunha obra principalmente para piano e voz. Esperamos que disfrutedes da interpretación de Noa e da fermosa música de Marcial del Adalid! 

Músicas Galegas II

Imaxe
  Hoxe presentamos O Principiño escrita no 2007 polo compositor ourensán Xoán Antón Vázquez Casas e inspirada na obra homónima de Saint-Exupérie. Temos a sorte de escoitala na versión de Lara Lorenzo Hernández (piano) e Lucas Marino Lanza (violín).  Grazas á súa profesora, Iria Rico Fernández por colaborar con este equipo, no noso ilusionante proxecto de achegamento e difusión dos nosos compositores e compositoras.

Homenaxe Letras Galegas 2021

Imaxe
  En vésperas do Día das Letras Galegas, compartimos a homenaxe que preparamos no conservatorio, decorando a cristaleira do auditorio con estes motivos adicados ás nosas músicas galegas e ás nosas letras, en especial á escritora homenaxeada este ano, Xela Arias. Esperamos que vos guste e que gocedes destes días de descanso, recuperando forzas de cara a fin de curso!

Músicas Galegas I

Imaxe
Este EDLG defende a nosa lingua, a nosa cultura, e por suposto, a nosa música. Por iso animamos a todo o noso alumnado e profesorado a incorporar no seu repertorio pezas de compositores e compositoras galegas Hoxe publicamos con gran ledicia o segundo movemento da Sonata para clarinete e piano do compositor Carlos Cambeiro Alís na interpretación de Alicia Iglesias Fernández  (piano) e Iván Rey Martínez (clarinete).  Grazas á súa profesora de conxunto, Soraya García Riveiros, por colaborar con nós nesta iniciativa pola nosa música!

Maio, mes das nosas letras, e das nosas músicas!

Imaxe
Chega o mes das flores, dos maios, das nosas letras, e como non pode ser doutra maneira para nós, das nosas músicas! Durante este mes de maio, iremos publicando diferentes vídeos dos nosos alumnos e alumnas interpretando obras de diferentes compositores galegos. Celebramos a chegada deste mes, cunha obra de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro, que é xa todo un himno para nós. Esta peza, Maio Longo , foi o broche de ouro de todas as edicións de No bico un cantar , nas que o noso Peque Coro participou. O curso pasado, grazas á iniciativa do Consello da Cultura Galega, os nosos pequecoristas, pechados nas súas casas, puideron participar, grazas ao gran traballo de Catuxa Pita, na edición virtual de No bico un cantar , de maneira que, a pesar da pandemia e do confinamento máis duro, non deixaron de celebrar a chegada de maio. Hoxe celebramos o 1 de maio, Día internacional dos traballadores, con esa versión dos nenos e nenas galegas, que é toda unha reivindicación da nosa cultura, ...