Maio, mes das nosas letras, e das nosas músicas!
Chega o mes das flores, dos maios, das nosas letras, e como non pode ser doutra maneira para nós, das nosas músicas! Durante este mes de maio, iremos publicando diferentes vídeos dos nosos alumnos e alumnas interpretando obras de diferentes compositores galegos. Celebramos a chegada deste mes, cunha obra de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro, que é xa todo un himno para nós. Esta peza, Maio Longo , foi o broche de ouro de todas as edicións de No bico un cantar , nas que o noso Peque Coro participou. O curso pasado, grazas á iniciativa do Consello da Cultura Galega, os nosos pequecoristas, pechados nas súas casas, puideron participar, grazas ao gran traballo de Catuxa Pita, na edición virtual de No bico un cantar , de maneira que, a pesar da pandemia e do confinamento máis duro, non deixaron de celebrar a chegada de maio. Hoxe celebramos o 1 de maio, Día internacional dos traballadores, con esa versión dos nenos e nenas galegas, que é toda unha reivindicación da nosa cultura, ...