Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

Revista Falamus Curso 21-22

Imaxe
Por fin presentamos a esperada revista Falamus deste ano, na súa décimo terceira edición! Cantos recordos e cantas boas experiencias vividas... Ao longo das súas páxinas facemos un percorrido por moito do acontecido no conservatorio durante este curso, recollendo especialmente as actividades organizadas polo EDLG do Xan Viaño. No seguinte enlace podedes acceder a todos os contidos:   https://drive.google.com/file/d/1s-eJ7sDFu94CoBk5N6hCO69RKjrG1NBc/view?usp=sharing Moitísimas gracias ao Ciclo superior de Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia do CIFP Leixa, en concreto á profesora María Salas, por colaborar un ano máis na realización da edición de Falamus. É un privilexio  poder contar todos os anos co CIFP Leixa na elaboración da nosa revista, ofrecéndonos sempre un resultado tan actual e profesional. Todo o Xan Viaño forma parte da revista Falamus, grazas a todos e todas por facela posible un ano máis!

Javier Vázquez Grela en O galego é musica

Imaxe
Onte tivo lugar o último concerto deste curso de  O galego é música do Plan Proxecta + , no que tivemos o pracer de escoitar de novo, ao gran pianista Javier Vázquez Grela.   Javier Vázquez Grela, como sabedes é un pianista nado na Coruña, que actuou por todo o mundo como solista e como pianista acompañante.  Onte interpretou na primeira parte do concerto a Suite Francesa nº 1 en re menor de J. S. Bach e a Chacona para man esquerda soa de Bach/Brahms.  Foi na segunda parte o momento para a música de compositores galegos actuais, Juan Durán e Paulino Pereiro, os cales tiveron a xentileza de asistir ao concerto. Escoitamos a  Fantasía sobre O Galopín de Juan Durán e a Sonata nº 2 Op. 182 (en 4 movementos) de Paulino Pereiro, obras que emocionaron enormemente ao público asistente. Moitísimas grazas a Javier por compartir de novo a súa música co Xan Viaño e darnos a oportunidade de escoitar e coñecer o repertorio dos nosos compositores galegos. Grazas tamén a Juan Durán e Paulino Per