I Concurso Falamus!
Como ben sabedes o Xan Viaño ten unha revista que se publica anualmente. Pois ben, este ano gustaríanos contar coa axuda de todas e todos para deseñar a portada da contraportada da nosa revista. Con esta idea o EDLG convoca este primeiro concurso de debuxos, fotografías e deseños para que todo o profesorado, alumnado, pais e nais, e resto da comunidade educativa participe na nosa revista Falamus! nº 14 Collede lápiz, ordenador ou cámara e mandade os vosos proxectos! Atentos! Achegamos as bases deste concurso, mais tamén as tedes na conserxería ou no taboleiro do EDLG.