Adiós ríos adiós fontes dende o Xan Viaño
Hoxe celebramos o día da nosa querida Rosalía de Castro, todo un referente da cultura e literatura da nosa terra. Tal día coma hoxe, un 24 de febreiro do ano 1837, nacía en Santiago esta importantísima figura, que segue marcando profundamente xeración tras xeración. O Xan Viaño, únese á homenaxe que hoxe lle rende toda Galicia, cunha versión moi especial do seu famoso poema Adiós ríos, adiós fontes da súa obra Cantares Gallegos . Dende o EDLG queremos dar as grazas a todos os participantes que desinteresadamente se animaron a participar neste proxecto: alumnado, profesorado, persoal de servizos, familias, ex-alumnos e ata os máis pequeniños, seguro que futuros alumnos do Xan Viaño... todos unidos nesta agarimosa homenaxe a nosa poetisa Rosalía. De xeito especial, queremos agradecer a participación e implicación de Águeda, Emma, Miguel, Paco, Javier Alama e Javier López, profesores que non son galegos de nacemento, pero que de seguro xa levan a nosa língua n...