Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

Musicando a Carvalho Calero

Imaxe
 Alumnas e alumnos de Piano complementario do Xan Viaño, súmanse á homenaxe que dende o noso centro queremos renderlle este ano á figura de Carvalho Calero. Nas vindeiras semanas iremos compartindo traballos realizados por estas alumnas e alumnos, nos que, para un poema de Carvalho Calero adaptan unha das estruturas harmónicas traballadas na clase de Piano complementario. Eles poñen todo, a súa voz na poesía e a música de fondo interpretada no piano... o resultado é verdadeiramente fermoso.    Hoxe compartimos a primeira fornada destes traballos das alumnas Candela Rañal (5º GP), María López Carballo (5º GP) e Blanca Alvariño (4º GP), pero xa vos adiantamos que estanse a preparar máis, que pronto publicaremos. Grazas a todas as alumnas e alumnos que participan nesta proposta, polo seu esforzo e dedicación, xa que aínda que na maioría dos casos o piano non é a súa especialidade instrumental, fanno extraordinariamente ben. Parabéns! Grazas á profesora de Piano complementario Raquel Paz p