Día de Rosalía 2022
O Xan Viaño únese a homenaxe que toda Galicia lle rende hoxe á nosa querida Rosalía de Castro. Resulta moi emocionante escoitar os versos de Cantarte hei, Galicia, un dos poemas iniciais d e Cantares Gallegos , nas voces dos nosos queridos alumnos e alumnas de 6º GP, rapaces e rapazas que vimos medrar como persoas e coma músicos no Xan Viaño. Como música de fondo, podemos escoitar a marabillosa música do compositor galego Andrés Gaos, concretamente a Sinfonía nº 2 Nas montañas de Galicia . Moitísimas grazas ao alumnado participante, por colaborar con nós nesta iniciativa. A pesar de estar desbordados polos estudos, fixéronnos un oco para gravar os fermosos versos deste poema para esta ocasión tan especial. Son todo un exemplo de esforzo e responsabilidade, sen dúbida o orgullo do Xan Viaño.