Resoando no pasado, Abraham Cupeiro no Xan Viaño
O próximo xoves 16 de decembro ás 18:30 h, faremos unha emocionante viaxe ao pasado da nosa especie, da man do músico galego Abraham Cupeiro. Resoando no pasado é o nome do espectáculo didáctico que representará no auditorio do noso conservatorio, onde coñeceremos instrumentos doutras épocas e lugares, e teremos a oportunidade de escoitalos e de aprender así do noso pasado. Os interesados debedes reservar entrada no email edlgxanviano@gmail.com. As prazas son limitadas e se outorgarán por rigorosa orde de inscrición. Resoando no pasado é un agasallo para o Xan Viaño, unha marabillosa oportunidade que non nos podemos perder.