Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

Felices Festas!

Imaxe
  Remata este 2020 e queremos desexarvos felices festas. Agradecemos a todo o alumnado e profesorado que colaborou nestes tempos con este equipo de Dinamización da Lingua nesta volta ao cole tan especial. Aos que poidades achegarvos a Ferrol, recoméndamosvos aproveitar estas festas para pasear polas súas rúas e coñecer un pouquiño máis a figura de Carvalho Calero, nesta exposición ao aire libre diante do Concello de Ferrol. Bo Nadal e feliz 2021!

Concerto "As mulleres na música galega"

Imaxe
O vindeiro mércores 23 de decembro ás 12:30 h no Teatro Jofre de Ferrol, terá lugar un concerto moi especial "As mulleres na música galega", no que actuará Sofia Oriana Infante, antiga alumna do CMUS Xan Viaño de Ferrol.  Parabéns pola iniciativa de promover o papel da muller na música galega! Dende o Equipo de Dinamización da lingua animámosvos a que non faltedes!  

II Parladoiro do Xan Viaño

Imaxe
  Compartimos no noso blog esta iniciativa do Equipo de Dinamización da Convivencia que por segundo ano convida a todo alumnado e profesorado do Xan Viaño a unha nova edición do parladoiro do Xan Viaño. Unha bonita xornada de reencontro con antigos alumnos e alumnas dispostos a compartir as súas experiencias e consellos coas novas xeracións sobre distintas especialidades musicais (Interpretación, Pedagoxía, Musicoloxía). Nesta segunda edición contaremos con: Javier Rivas Rodríguez Estefanía Bustabad Rodríguez Sara Permuy Blanco Marta Varela Porto Estefanía Rodríguez Rodríguez Pablo Teijeiro Galdo Todos e todas voltan ao Xan Viaño, que foi e será a súa casa, aínda que sexa virtualmente nesta ocasión, o venres 18 de decembro ás 16 horas. Non o perdas! Os interesados e interesadas deben poñerse en contacto co Equipo de Dinamización da Convivencia para poder acceder á videoconferencia a través do correo convivenciaxanviano@gmail.com Parabéns a Catuxa Pita, profesora de Linguaxe Musical, po

Grandes novidades na nosa biblioteca!

Imaxe
A biblioteca do Xan Viaño vai aumentando os seus fondos, e nesta ocasión temos dúas novidades ben interesantes!  Como non, a biblioteca José Fontenla Leal non pode deixar de homenaxear a Ricardo Carvalho Calero e ofrécenos xa a posibilidade de gozar do seu breve relato, As pitas baixo a choiva e tamén de Ricardo Carvalho Calero, Coraçom de terra , novela biográfica sobre a figura do autor ferrolán, en páxinas ilustradas de banda deseñada. Non o perdades!

Concurso Ricardo Portela

Imaxe
  Este ano 2020 foi o ano Beethoven, o ano Tartini, e tamén o ano do noso querido gaiteiro, Ricardo Portela.   O equipo de dinamización da Lingua galega comprácese en convidar a todo o Xan Viaño a participar nun concurso homenaxe desta figura emblemática da cultura galega. Propoñemos o programa Alalá adicado a Ricardo Portela como inspiración para os vosos proxectos.  Alalá nº 111 "Ricardo Portela" - TVG - YouTubewww.youtube.com › watch A continuación deixámosvos as bases do concurso. Ánimo e a participar!!! BASES CONCURSO RICARDO PORTELA Neste ano 2020, centenario do nacemento do gran gaiteiro Ricardo Portela, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Departamento de Música Tradicional, convoca un concurso de creación artística para rendirlle homenaxe, a esta figura emblemática da cultura galega co obxectivo de dar a coñecer a súa figura, difundir o seu legado e o seu estilo e técnica interpretativa. 1. DESTINATARIOS Poderán participar todos os alumnos e alumnas d