Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día da Lingua Materna

Leos Janáček e a súa sonata para piano “1 de outubro de 1905”

Imaxe
Neste 21 de febreiro, Día da Lingua Materna, queremos recomendarvos esta sonata de Janáček, xa que é todo un manifesto.  Esta obra estrenouse co título de Na rúa, a 1 de outubro de 1905. Este título débese ao feito  de que esta sonata foi a resposta de Janáček aos tráxicos acontecementos de tal día.  O sentimento nacionalista bule polas provincias do Imperio, e os checos loitan pola a súa  identidade cultural e lingüística. Unha manifestación en Brno en apoio da fundación dunha  universidade checa, que ensine en checo e non en alemán remata cos soldados do  emperador cargando contra os manifestantes e coa morte do aprendiz de carpinteiro de vinte  anos, Fantisek Paulík. O impacto deste feito conmoveu a Janáček e levouno a escribir esta  sonata, dividida en dous movementos, O Presentimento e A morte.  Os estudos que Janáček realizou arredor da fonética da lingua checa xunto ás investigación  sobre a música tradicional leváronno a un estil...

Día Internacional da Lingua materna

Imaxe
Mañá 21 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Lingua materna co  obxectivo de preservar e protexer todos os idiomas e dialectos que se falan no mundo.  Celébrase este día para rendirlle homenaxe ao pobo de Bangladesh, xa que, no ano 1952,  cando os seus habitantes estaban na rúa celebrando o Día do Movemento da Lingua Bengalí,  foron atacados polo exército de Pakistán. Moitos foron asasinados, aínda así, moitos mantivéronse firmes defendendo o seu dereito universal a expresarse na súa lingua.  A diversidade lingüística está cada día máis ameazada. Cada dúas semanas, como promedio,  unha lingua desaparece, e con ela todo un patrimonio cultural e intelectual.  Hoxe máis que nunca, debemos defender os dereitos das sociedades multilingües, e non  podemos permitir nin ser cómplices da extinción de todo un patrimonio cultural.