Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

O Xan Viaño e Carvalho Calero

Imaxe
 Inauguramos un novo apartado do noso blog adicado ao escritor ferrolán Carvalho Calero, ao que se lle adica este ano 2020 o Día das Letras Galegas. Tal día como o de onte, un 30 de outubro do 1910, nacía no barrio de Ferrol Vello esta figura tan importante da cultura galega.  Ao longo do curso, iremos publicando no blog diferentes traballos sobre Carvalho Calero relacionados coa vida e obra deste gran autor.  Hoxe queremos compartir un video realizado pola Semente de Trasancos na que homenaxean a Carvalho Calero coa divulgación do seu primeiro poema en galego A Galiza que escribiu cando só tiña 15 anos. A música do video é o Alalás das Mariña s interpretado por Milladoiro e a voz que recita o poema e a de Omar Yáñez Calderón, alumno de gaita e canto do noso conservatorio. Parabéns a Semente de Trasancos e a Omar por esta fermosa homenaxe.

Chegou o Samaín!

Imaxe
  Esta noite celebramos o Samaín, unha celebración galega de orixen celta que o cristianismo transformou no Día de Todos os Santos. Nesta noite especial do 31 de outubro comezaba o Ano Novo Celta, e remataba o verán e comezaba o inverno. A tradición conta que nesta data ábrese a porta que une o mundo dos vivos e dos defuntos, e as ánimas visítannos esta noite. Era costume baleirar nabos  e ponerlle unha vela no interior para alumear os camiños e as entradas das casas para escorrentar aos malos espíritus. Os nenos e as nenas, saían á rúa nestes días con colares de zonchos, feitos con castañas con pel, cocidas en auga con fiuncho, que logo comían. Nesta noite de medo, queremos recomendar a audición da Danza macabra  (Danse Macabre Op. 40) do compositor francés Camille Saint-Saëns. Este poema sinfónico  representa á Morte tocando o violín á media noite, mentres os esqueletos bailan ritmicamente arredor dunha tumba ata o mencer. Non deixemos que as nosas tradicións queden no olvido, fo

Amodiño ma non troppo, o novo blog da Lingua Galega do Xan Viaño

Imaxe
Amodiño ma non troppo ,  o novo blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CMUS Xan Viaño de Ferrol, xa está en marcha e faino con toda a ilusión do mundo!  Novas ideas, novas iniciativas... un curso máis seguiremos traballando a prol da lingua e cultura galega, convidando a toda a comunidade educativa a participar con nós.  Lamentablemente este ano por mor da Covid-19 non poderemos realizar de xeito presencial moitos dos nosos proxectos, pero a través das redes sociais e deste blog,  Amodiño ma non troppo , farémosvos chegar diferentes propostas que temos programadas, referentes á lingua e á música galega, á nosa cultura e tradicións.    En canto ao nome elixido para o Blog,   Amodiño ma non troppo , probablemente vos preguntaredes que ten de relación co noso conservatorio… Pois que saibades, que a primeira revista que se publicou no centro, levaba este nome, e foi creada alá polos anos 90 polo mestre Teo Ramírez. Nela había composicións, debuxos, pasatempos musicais e fotos d