O noso primeiro recital poético foi un éxito
Onte celebramos o primeiro recital poético en colaboración entre o IES Carvalho Calero e o Xan Viaño. Unha emocionante xornada na que puidemos desfrutar da música do noso alumnado, do recitado do alumnado do Carvalho Calero e das oito poetisas galegas escolmadas por Pim Patiño para a ocasión. Non podiamos ter mellor maneira de rematar este mes de marzo! Sen dúbida, un broche de ouro que esperamos poder repetir en futuras ocasións! O noso agradecemento a Carmen Mato Filgueira polas lindas fotos que nos achega e podemos compartir con todas e todas vós!