Xosé Fontenla Leal, o amigo dos libros
Por fin compartimos o vídeo dos participantes no Reto a Casa de Fontenla Leal , actividade como sabedes organizada polo Equipo de Biblioteca e o EDLG do conservatorio. Queremos dar as grazas a todos os alumnos e alumnas participantes, así como tamén aos profes que se animaron a achegarse a casa onde naceu este intelectual galego tan importante: Alba Amado Formoso, José Andrés Freire Blanco, Carmen Freire Blanco, Celia Freire Blanco, Noa López Armada, Manuel Seijas Lago, Ismael Freire Vilariño, Iago Medel Cendán, André García Vigo, Jimena García Fernández, Mario Santalla Rico, Gabriel Espada Gutiérrez, Paco San Ramón Calvo, Quique Agrelo Otero, Águeda Gutiérrez Escudero, Catuxa Pita Evia, Isabel Fernández Alvar, Begoña Álvarez Feal e Iria Rico Fernández. Grazas tamén ás súas familias por animalos a participar e colaborar con nós! No vídeo que está feito con moito agarimo para todos vós, poderedes coñecer un pouco da vida de Fontenla Leal, un home que a pesar das dificultades de nacer de...