Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

Aula 15 Paulino Pereiro

Imaxe
  Paulino Pereiro (A Coruña, 1957) é un dos compositores galegos contemporáneos máis recoñecidos na actualidade. Membro fundador da   Academia Galega de Compositores , Paulino presenta un estilo compositivo moi marcado enfocado cara á música sinfónica, de cámara, teatral e cinematográfica cun catálogo que supera as 250 obras. Dentre elas, destacan  firmemente a   Sinfonía nº 1 , “ Paisaxes imaxinárias ”  Op. 62  estreada pola Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG),  O inferno de Dante Op. 61  estreada pola Real Filharmonía , Orfeo e Dionisos Op. 67   (Real Filharmonía) e   Ceo Op. 54  (OSG).   Na súa faceta compositiva camerística é moi variada respecto ás formacións empregadas, varía dende os ensembles instrumentais, pasando polo cuarteto de violonchelos, quinteto de metais ou música con piano, entre outras. Como mostra delas, deixámosvos esta Peza para fagot e piano Op. 223 que resume o seu estilo marcado froito da mestura sonora que poderíamos atribuír á música de vanguardia do siglo

"A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía" en Ferrol

Imaxe
  O 21 de abril inaugurouse a exposición itinerante A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía , que estará na Praza da Constitución da Ferrol, ata ata o 3 de maio e logo percorrerá outras cidades de todo o país.  Esta mostra exterior fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración.  Na seguinte ligazón tedes máis información sobre esta interesante exposición: https://rosalia.gal/que-facemos/axenda/exposicion-sobre-os-50-anos-da-casa-de-rosalia-en-ferrol/ Animádevos a visitala nos xardíns do Cantón e coñecer máis da historia da nosa querida Rosalía de Castro.

Aula 1, Afonso X O Sabio

Imaxe
 Como sabedes, este ano dentro do proxecto O galego é música , nomeamos as aulas do conservatorio con compositores e músicos galegos importantes para a nosa música e cultura, co obxectivo de visibilizar a súa figura. Hoxe queremos presentar a Aula 1, que leva o nome de Afonso X O Sabio.   A través de dous interesantísimos traballos, retrocederemos no tempo e achegarémonos ata a figura de Afonso X, o mecenas universal da arte e a cultura na Idade Media. A primeira achega é unha gravación do alumno de guitarra Romeo Caaveiro Martínez de 1º GP que interpreta dúas transcripcións de Cantigas de Afonso X O Sabio:  Cantiga a Santa María e Rosa das Rosas. Moitas grazas a Romeo pola súa fermosa interpretación, e á súa profesora Águeda Gutiérrez por animalo a participar no noso proxecto O galego é música. Grazas tamén ao profesor Javier Alama membro do EDLG, pola edición do vídeo. O segundo traballo é unha presentación realizada polo alumnado do conservatorio, que nos aproxima á vida e obra de

Máis Musicando poemas galegos

Imaxe
 Nova entrega de Musicando poemas galegos neste curso 2021-2022, cos traballos de Jorge Orosa López, Andrés Rodríguez Boutureira e Aitana e Irene López Caaveiro. Fermosos os poemas de Federico García Lorca, Rosalía De Castro e Manuel María xunto cos acompañamientos realizados na materia de Piano Complementario!  Parabéns a todos eles e á súa profesora Alexandra Pita Evia, por animalos a participar nesta iniciativa de O Galego é Música do Plan Proxecta +.