Un día como hoxe, 20 de decembro de 1907, estreábase no Centro Gallego de La Habana, hoxe Gran Teatro de La Habana, o Himno Galego. A estrea foi unha grandiosa homenaxe ao músico Pascual Veiga, dentro dun acto para recadar fondos para un mausoleo para o músico na súa cidade natal, Mondoñedo. Pascual Veiga (1842-1906) foi un compositor galego, autor da popular Alborada e a música do Himno galego, e figura fundamental do noso Rexurdimento. En breve a aula 17 do noso centro levará o nome de Pascual Veiga, para renderlle a nosa pequena homenaxe a este mito da música galega e da galeguidade. Como curiosidade, un dos principais promotores do noso himno é outra figura ben coñecida no noso conservatorio, Xosé Fontenla Leal (que da nome á nosa biblioteca), que mantivo constante contacto con Eduardo Pondal (autor da letra) e Pascual Veiga para a composición do noso himno, así como tamén promoveu a súa estrea. Propoñémosvos dúas versións para celebrar este aniversario, a da Orquestra Sinfónica ...