Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

De Halloween ao Samaín (Samhain)

Imaxe
A celebración do Halloween como festividade actual parece que provén da sociedade estadounidense na que todo o mundo adoita disfrazarse dunha personaxe terrorífica  para seguir coa tradición de visitar os fogares da veciñanza e recoller así o ansiado premio larpeiro, un puñado de doces tras a pronuncia do típico “truco ou trato”. Lamentablemente e malia que a tradición parece que pertence ao país “yankee” é absolutamente un erro, non nos deixemos levar por convencionalismos comerciais.  O Samaín (Samhain en gaélico) é unha tradición págano-milenaria orixinal do pobo celta para designar o fin do verán, e desta maneira, celebrar n o último día do período estival e da fin da colleita (31 de outubro), a transición do estío á tempada de inverno (1 de novembro). Para os celtas, esta data tiña moito significado, xa que era o momento do ano no que se permitía transitar entre o mundo dos vivos e dos mortos, e desta forma pechábase a tempada “clara” para dar comezo á tempada “escura”.   Nesta fe

Estrea de Hildegart de Juan Durán

Imaxe
Un dos proxectos que iniciamos o ano pasado, e co que continuamos este curso, é a visibilización da figura e obra dos nosos compositores e compositoras galegas. Nos auditorios e conservatorios, apenas se programan obras creadas por compositoras e compositores nados en Galicia, polo que pensamos que é preciso sacar á luz todo este valioso patrimonio cultural, e instauralo nas nosas ensinanzas de música. Por iso, o vindeiro venres día 8 de outubro, ás 20:30 h, no auditorio de Ferrol, temos a gran oportunidade de asistir a estrea absoluta da obra Hildegart (Ballet) composta polo galego Juan Durán, a cargo da Real Filharmonía de Galicia. A Real Filharmonía de Galicia abre a súa tempada 2021/2022 con este concerto titulado Viaxeiras Rebeldes, no que se interpretará Hildegart, peza baseada na tráxica historia de Hildegart Rodríguez Carballeira, e Cincenta (Ballet-selección) de Sergei Prokofiev, ambas baixo a dirección de Paul Daniel. Deixámosvos mais información, na s seguintes ligazóns: h