Publicacións

Recuncho de Rosalía

Imaxe
O pasado venres inauguramos o noso recunchiño de Rosalía plantando unha camelia dedicada á nosa querida poetisa no noso xardín. Honrando os seus versos: "Como chove miudiño, como miudiño chove..." choveunos! Mais malia esa choiva alí estiveron acompañando ao EDLG os nosos queridos gaiteiros Candela e Antón interpretando a Alborada de Rosalía. Dende o EDLG queremos dar as grazas a todo o alumnado, profesorado, nais e pais que se achegaron para compartir con nós este lindo momento. Esperamos que este recuncho sexa un lugar de compartir moita poesía e como non, moita música! Canta paxariño canta Canta no Xan Viaño!  

Día de Rosalía no Xan Viaño

Imaxe
Un ano máis o Xan Viaño rinde homeaxe á nosa querida poetisa Rosalía. O Día de Rosalía pasou a celebrarse, dende o pasado ano, o 23 de febreiro e non o 24, como ata agora grazas ao descubremento da investigadora Sagrario Abelleira, que corrixiu a data de nacemento da autora. Este ano presentamos o famosísimo poema "Campanas de Bastabales". Os seus tan coñecidos e apreciados versos nas voces do noso alumnado fundido coa música de Rogelio Groba queren homenaxear á nosa autora máis universal e capaz de unir a todos os galegos e galegas. Grazas a André, Xiana, Aldara, Sara, Rubén, Isabel, Mateo e Anxo por facer que esas Campanas de Bastabales sigan dando a volta ao mundo.

Homenaxe a Rogelio Groba

Imaxe
  Recentemente a música galega chorou a perda de Rogelio Groba, figura clave da música galega. A Banda municipal de música da Cooruña quere rendirlle homenaxe este domingo ao que foi director titular da agupación dende o ano 1968 ata o 1991 cun concerto homenaxe. O grande legado musical estará sempre ligado ás bandas de música en xeral e á Banda municipal de música de Coruña en particular. Nos vindeiros meses toda Galiza homenaxeará a Rogelio Groba, e como non pode ser doutra forma, así o fará o Xan Viaño.

Nilo García Armas no Xan Viaño

Imaxe
Rematamos unha grandísima semana para a música e a cultura galega no Xan Viaño! Onte tivemos a Nilo García Armas descubríndonos á figura de Canuto Berea, e toda a saga dos Berea na cidade herculina e en toda Galiza. Moitísimos anos de fonda investigación compartidos connsoco. Aquí vos deixamos a foto de Nilo na nosa aula 27.

Margarita Soto Viso no Xan Viaño

Imaxe
Onte tivemos unha oportunidade de ouro para afondar nunha das figuras máis senlleiras da historia da música galega, Marcial del Adalid, da man de probablemente a maior experta neste músico coruñés.  Margarita compartiu con nós un apoixante percorrido sobre a vida e obra deste músico herculino e incluso deleitounos cun par de pezas ao piano. A charla de Margarita levounos ademáis por outras manifestacións artísticas como a pintura.  En definitiva, unha velada única no Xan Viaño!. Dende o EDLG do Xan Viaño non temos suficientes palabras de agradecemento para Margarita pola súa incansable loita pola música e cultura galega! Grazas tamén a André García Vigo por presentar e despedir este día tan especial. Aquí deixamos a foto de Margarita na nosa aula 37 inaugurada hai pouco máis de un ano! Dúo perfecto! Vémonos esta tarde con Nilo García Armas e Canuto Berea!

Nilo Jesús García Armas e a saga Canuto Berea

Imaxe
E seguimos neste comezo de 2023 con grandes eventos no Xan Viaño! Este venres 13 ás 17 temos a posibilidade de coñecer moito máis da figura que da nome á nosa aula 27, Canuto Berea, figura crucial na música galega e responsable da principal editorial galega na época da Belle Époque. Esta oportunidade chéganos da man de Nilo Jesús García Armas, que despois de anos e anos de investigación sobre a saga coruñesa dos Berea, achégase ao Xan Viaño para compartir connosco todo o seu traballo e amosarnos a importancia que esta saga herculina tivo no noso eido musical. Sen dúbida, unha oportunidade única para todas e todos nós!

Margarita Soto e Marcial del Adalid

Imaxe
Como xa vos anunciamos temos grandísimos eventos para este 2023! Neste día tan especial adiantámovos un primeiro agasallo de 2023! Este xoves 12 de xaneiro teremos a oportunidade de afondar nunha das nosas figuras máis senlleiras, Marcial del Adalid, da man de Margarita Soto Viso, que entre todo o seu traballo musicolóxico sobre os nosos compositores sen dúbida destaca o seu estudo sobre Marcial del Adalid. Mentres esperamos con ilusión este próximo xoves, deixámosvos este pequeno petisco para abrir boca, un vídeo elaborado polo EDLG sobre o gran compositor do piano romántico galego. Vémonos este xoves ás 19.30!