Día de Rosalía no Xan Viaño



Un ano máis o Xan Viaño rinde homeaxe á nosa querida poetisa Rosalía.

O Día de Rosalía pasou a celebrarse, dende o pasado ano, o 23 de febreiro e non o 24, como ata agora grazas ao descubremento da investigadora Sagrario Abelleira, que corrixiu a data de nacemento da autora.

Este ano presentamos o famosísimo poema "Campanas de Bastabales". Os seus tan coñecidos e apreciados versos nas voces do noso alumnado fundido coa música de Rogelio Groba queren homenaxear á nosa autora máis universal e capaz de unir a todos os galegos e galegas.

Grazas a André, Xiana, Aldara, Sara, Rubén, Isabel, Mateo e Anxo por facer que esas Campanas de Bastabales sigan dando a volta ao mundo.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!