Recuncho de Rosalía
O pasado venres inauguramos o noso recunchiño de Rosalía plantando unha camelia dedicada á nosa querida poetisa no noso xardín.
Honrando os seus versos: "Como chove miudiño, como miudiño chove..." choveunos!
Mais malia esa choiva alí estiveron acompañando ao EDLG os nosos queridos gaiteiros Candela e Antón interpretando a Alborada de Rosalía.
Dende o EDLG queremos dar as grazas a todo o alumnado, profesorado, nais e pais que se achegaron para compartir con nós este lindo momento.
Esperamos que este recuncho sexa un lugar de compartir moita poesía e como non, moita música!
Canta paxariño canta
Canta no Xan Viaño!
Comentarios
Publicar un comentario