Margarita Soto e Marcial del Adalid



Como xa vos anunciamos temos grandísimos eventos para este 2023! Neste día tan especial adiantámovos un primeiro agasallo de 2023!

Este xoves 12 de xaneiro teremos a oportunidade de afondar nunha das nosas figuras máis senlleiras, Marcial del Adalid, da man de Margarita Soto Viso, que entre todo o seu traballo musicolóxico sobre os nosos compositores sen dúbida destaca o seu estudo sobre Marcial del Adalid.

Mentres esperamos con ilusión este próximo xoves, deixámosvos este pequeno petisco para abrir boca, un vídeo elaborado polo EDLG sobre o gran compositor do piano romántico galego.


Vémonos este xoves ás 19.30!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

O noso primeiro recital poético foi un éxito

Día de Rosalía no Xan Viaño