Margarita Soto Viso no Xan Viaño


Onte tivemos unha oportunidade de ouro para afondar nunha das figuras máis senlleiras da historia da música galega, Marcial del Adalid, da man de probablemente a maior experta neste músico coruñés. 

Margarita compartiu con nós un apoixante percorrido sobre a vida e obra deste músico herculino e incluso deleitounos cun par de pezas ao piano. A charla de Margarita levounos ademáis por outras manifestacións artísticas como a pintura. 

En definitiva, unha velada única no Xan Viaño!.


Dende o EDLG do Xan Viaño non temos suficientes palabras de agradecemento para Margarita pola súa incansable loita pola música e cultura galega! Grazas tamén a André García Vigo por presentar e despedir este día tan especial.

Aquí deixamos a foto de Margarita na nosa aula 37 inaugurada hai pouco máis de un ano!

Dúo perfecto!


Vémonos esta tarde con Nilo García Armas e Canuto Berea!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño