Nilo Jesús García Armas e a saga Canuto Berea


E seguimos neste comezo de 2023 con grandes eventos no Xan Viaño!

Este venres 13 ás 17 temos a posibilidade de coñecer moito máis da figura que da nome á nosa aula 27, Canuto Berea, figura crucial na música galega e responsable da principal editorial galega na época da Belle Époque.

Esta oportunidade chéganos da man de Nilo Jesús García Armas, que despois de anos e anos de investigación sobre a saga coruñesa dos Berea, achégase ao Xan Viaño para compartir connosco todo o seu traballo e amosarnos a importancia que esta saga herculina tivo no noso eido musical.

Sen dúbida, unha oportunidade única para todas e todos nós!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

O noso primeiro recital poético foi un éxito

Día de Rosalía no Xan Viaño