A guitarra na Galiza no Xan Viaño

O pasado venres aprendemos e gozamos con A guitarra na Galiza de Isabel Rei, un interesantísimo estudo histórico sobre este instrumento na nosa terra. Tras unha presentación baseada na súa Tese de doutoramento A guitarra na Galiza, puidemos escoitar a Isabel interpretando na guitarra fermosos temas de compositores galegos que escribiron para este instrumento.

Isabel tamén nos achegou a guitarristas históricos do Ferrol e arredores, terra de gran tradición vinculada a este instrumento.

Moitísimas grazas a Isabel por compartir coa comunidade educativa do Xan Viaño, toda esta riqueza enorme de coñecementos sobre a guitarra na Galiza.






Isabel coas profes de guitarra do Xan Viaño, Águeda e Ana




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño