A revista Amodiño ma non troppo!

Hai pouco máis dun ano botabamos a andar este blog, tomando o nome da primeira revista que tivo o conservatorio de Ferrol alá polos anos 90. 

Recentemente descubrimos que unha das nosas profesoras de linguaxe musical, Pilar Beiro, colaborou e participou naquel primeiro Amodiño ma non troppo. Grazas a ela conseguimos aquel primeiro exemplar íntegro que hoxe vos presentamos, xunto a unha foto daqueles tempos.

Moitos dos que formamos parte do Xan Viaño recordamos aquela etapa dun xeito especial e chea de boas lembranzas, así que:

Grazas Pilar!





















De esquerda a dereita, Lorena Dapena, Pilar Beiro e Susana Polo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

O noso primeiro recital poético foi un éxito

Día de Rosalía no Xan Viaño