Simón García no Xan Viaño!
O pasado venres tivemos unha xornada moi especial no noso auditorio. Simón García, contrabaxista internacional que da nome á nosa aula de contrabaixo, visitounos para ser entrevistado polos alumnos e alumnas de contrabaixo.
Grazas Simón por ofrecernos esta oportunidade! E como non grazas aos nosos contrabaixistas polas súas preguntas!
O noso responsable TIC Suso Iglesias gravou a entrevista para que todos a poidamos desfrutar, así que en breve a presentaremos para todos!
Mentres tanto aquí vos deixamos a foto de Simón diante da súa aula!
Comentarios
Publicar un comentario