O galego é música: Musicando poemas galegos



Iniciamos o 2022 con moita forza e ilusión, e o facemos da mellor maneira posible, con música e poesía.

Tras a iniciativa do ano pasado de Musicando a Carvalho Calero dirixida a alumnado de piano complementario, continuamos este ano con Musicando poemas galegos, onde abrimos a posibilidade de musicar un poema galego a todo aquel que desexe participar.

Nesta ocasión temos a sorte de gozar coa poesía dun grande da literatura galega: Celso Emilio Ferreiro. O acompañamento musical ao piano dos tres poemas, está a cargo de Samuel Rodríguez Gago, alumno de 6º GP de Piano complementario, e que tamén pon a voz no Monólogo do vello traballador. Lis Rodríguez Varela, alumna de 2º GE de piano, interpreta un orixinal rap do poema Deitado frente ao mar e Blanca Fernández Naveiras de 1º GE de piano, ponlle voz ao fermoso poema Longa noite de pedra, todos baixo a dirección da súa profesora de piano, Judith Fernández Casero.

Parabéns aos intérpretes polo gran traballo realizado, e parabéns tamén a súa profesora Judith por animalos a participar nesta fermosa iniciativa que nos emociona enormemente, e que nos volve demostrar unha vez máis, que o galego é musica.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño