Simón García no Xan Viaño!
Como ben sabedes a aula 35 do Xan Viaño leva o nome de Simón García. Pois ben, Simón García visítanos este venres 21 de xaneiro para ser entrevistado polos alumnos e alumnas de contrabaixo!
Unha oportunidade única de coñecer a esta referencia do contrabaixo, que levou a súa música e o contrabaixo a todos os recunchos do mundo.
Anímate a coñecer persoalmente a este mugardés universal e como non, aproveita o privilexio que teremos no noso centro para facer as túas preguntas!
Reserva a túa praza escribindo antes deste xoves 20 a edlgxanviano@gmail.com
Vémonos o venres!
Comentarios
Publicar un comentario