III Parladoiro do Xan Viaño
Dende o EDLG animámosvos a participar no III Parladoiro do Xan Viaño, organizado polo Equipo de Convivencia do conservatorio, unha xornada na que desfrutar escoitando aos nosos antigos alumnas e alumnas aconsellando e compartindo as súas experiencias coas futuras xeracións.
Será a través de videoconferencia, o próximo venres 3 de decembro ás 18:00 h. Todos os interesados en asistir contactade a través do correo: convivenciaxanviano@gmail.com
Non volo perdades!
Comentarios
Publicar un comentario