Resoando no pasado, Abraham Cupeiro no Xan Viaño

 

O próximo xoves 16 de decembro ás 18:30 h, faremos unha emocionante viaxe ao pasado da nosa especie, da man do músico galego Abraham Cupeiro. Resoando no pasado é o nome do espectáculo didáctico que representará no auditorio do noso conservatorio, onde coñeceremos instrumentos doutras épocas e lugares, e teremos a oportunidade de escoitalos e de aprender así do noso pasado.

Os interesados debedes reservar entrada no email edlgxanviano@gmail.com. As prazas son limitadas e se outorgarán por rigorosa orde de inscrición.

Resoando no pasado é un agasallo para o Xan Viaño, unha marabillosa oportunidade que non nos podemos perder. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

17 de maio. Himno galego

Manolo Cociña, unha vida dedicada ao acordeón

Novo curso, novos proxectos e ilusións...