Concurso de creación artística Henrique Otero

Neste 2021, no que se cumpren 50 anos da chegada da especialidade de gaita aos conservatorios galegos, o equipo de Dinamización da Lingua galega xunto co Departamento de Música Tradicional convocan un concurso de creación artística adicado á figura de Henrique Otero, o primeiro profesor de gaita nun conservatorio de Galicia. Henrique Otero, tamén coñecido como o Gaiteiro de Fragoso, representa a transición do gaiteiro tradicional ao gaiteiro urbano con formación académica. 

Con este concurso de creación artística, aberto a todo o alumnado do noso conservatorio, trataremos de difundir a súa figura e o seu legado dentro da nosa comunidade educativa. O prazo de inscrición e entrega de proxectos, remata o 18 de febreiro do 2022.

Para máis información consultade as bases e boletín de inscrición dispoñibles na conserxería do conservatorio ou a través das seguintes ligazóns:

https://drive.google.com/file/d/1tgewUlmy3J0pJl3SmfQCPtaILFBRx2rO/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1wcpCA5Z1hWVS-sZrspoKCch4Yx8FvGVm/view?usp=sharing

Animádevos a participar, esperamos recibir moitos proxectos sobre esta figura tan emblemática da nosa música!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

17 de maio. Himno galego

Carvalho Calero no mundo enteiro

Musicando a Carvalho Calero