Aula 37: Aula Marcial del Adalid
Comezamos cunha das iniciativas centrais do EDLG deste curso, a designación das aulas do CMUS Xan Viaño con nomes de compositores e compositoras galegas, así como tamén de figuras relevantes da música galega de recoñecido prestixio. Este proxecto, que xurdiu como idea o curso pasado, por fin vese plasmado na primeira aula nomeada, a aula 37, que levará a partir de agora o nome do gran compositor galego, Marcial del Adalid.
Marcial del Adalid nado na Coruña no ano 1826 e falecido en Oleiros no 1881, foi un compositor cunha obra principalmente para piano e voz, que presenta unha gran influencia de Frédéric Chopin. A través do seguinte vídeo, realizado expresamente polo noso EDLG para a ocasión, coñeceredes máis de preto, a vida e a obra deste gran compositor galego.
Animámosvos tamén a que visitedes a biblioteca do conservatorio, onde atoparedes moitas partituras de Marcial del Adalid.
Comentarios
Publicar un comentario