Músicas Galegas III

Marabilloso o vídeo que nos envía o alumno Andrés Rodríguez Boutureira, interpretando Folías Galegas do compositor, guitarrista e mestre, Santiago de Murcia (1673-1739). Ademais de poder escoitar a peza, o vídeo inclúe unha interesantísima introdución realizada por Andrés, achegándonos ao compositor e á súa obra Folías.

Moitísimas grazas e parabéns a Andrés pola interpretación e realización da montaxe do vídeo. Grazas tamén a súa profesora Águeda Gutiérrez Escudero, por participar na iniciativa de Músicas Galegas, nesta homenaxe na semana das Letras Galegas.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Novo curso, novos proxectos e ilusións...

17 de maio. Himno galego

Gran éxito do certame do XIX Certame de creación musical!