Grandes novas para a música galega!
Hoxe, día grande das nosas letras, tivemos tamén unha gran nova para a nosa música. Un antigo alumno do Xan Viaño, o barítono Gabriel Alonso, acaba de publicar No camiño, un percorrido por dous séculos de canción galega.
Así que non perdades esta fantástica oportunidade de achegarvos á nosa música. Deixámosvos este vídeo como pequena mostra deste traballo.
Parabéns Gabriel! Grazas pola difusión das nosas músicas!
Comentarios
Publicar un comentario