Musicando a Carvalho Calero IV
Despois da celebración das Letras Galegas e a piques de rematar o curso, presentamos a derradeira entrega de traballos de Piano Complementario deste curso, adicados á figura de Ricardo Carvalho Calero.
Como ben sabedes por pasadas entregas, estes alumnos poñen a súa voz no recitado do poema e a música no acompañamento do piano, que eles mesmos crean seguindo estruturas harmónicas traballadas na aula durante o curso.
Andrés Rodríguez Boutureira de 3º GP, Ana García Novo de 6º GP e Emma López Laundenbach de 6º de GP, alumno e alumnas da profesora Beatriz Varela Rodríguez, e Nerea González Fernández de 4º GP, alumna da profesora Raquel Paz Meana, son os autores destes fantásticos traballos. Parabéns pola vosa creatividade e expresividade, tanto na música como na poesía!
Grazas tamén ás súas profesoras Beatriz e Raquel, por animalos a participar nesta iniciativa a prol da visibilización de Carvalho Calero.
Seguro que no vindeiro ano, seguiremos no Xan Viaño con máis poesía e música!
Comentarios
Publicar un comentario