Voar sobre a terra: Recital de música galega na Praza de Armas de Ferrol

 


Este sábado 22 de maio, estaremos na celebración das Letras Galegas do Concello de Ferrol, dentro da xornada Voar sobre a terra, cun recital de música galega a cargo dos nosos alumnos e alumnas do Xan Viaño!
Grazas ao Concello de Ferrol, poderemos compartir co pobo de Ferrol a iniciativa de Músicas Galegas, que o noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou para difundir a música e a figura dos compositores galegos.
O recital terá lugar ás 20:30 h, na Praza de Armas de Ferrol. As entradas, que son gratuítas, hainas que reservar na seguinte ligazón:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/praza-de-armas/12140--letras-galegas-voar-sobre-a-terra-recital-de-musica-galega-cmus-xan-viano.html

Esperámosvos o sábado!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño