Marabilloso o recital de onte na Praza de Armas de Ferrol!


O de onte foi un acontecemento moi especial e emocionante, no que puidemos compartir a música dos nosos compositores galegos co pobo de Ferrol. O recital, que pechaba a xornada de Voar sobre o ceo en honor das Letras Galegas deste ano, foi todo un éxito, superando todas as nosas expectativas e completando o aforo habilitado para o público.

Emocionounos moitísimo, ver entre o público a alumnos e alumnas do Xan Viaño, profesores e ata antigos profesores do noso conservatorio, que se achegaron a gozar deste recital tan especial e a amosar o seu apoio aos seus compañeiros.

De seguro que imos recordar este concerto, que tivo lugar nun clima máxico e cunha atención moi profesional polos organizadores do evento, superando a barreira marcada pola Covid-19 e logrando que os nosos alumnos e alumnas enchesen de música galega a Praza de Armas de Ferrol.

Moitísimas grazas ao Concello de Ferrol por invitarnos a participar e por darnos a oportunidade de compartir co pobo de Ferrol a música dos nosos compositores galegos. Esperamos poder seguir colaborando conxuntamente en futuras iniciativas, que proxecten o traballo que facemos no conservatorio á cidade de Ferrol, proporcionando unha fonte de motivación para todos.

Grazas ao equipo de son do evento, uns profesionais que nos acolleron de marabilla e nos aportaron todas as facilidades precisas, axustando o son perfectamente, para que a acústica do recital fora a desexada. 

Parabéns e moitas grazas aos alumnos e alumnas participantes que nos emocionaron coas súas interpretacións, e dos que nos sentimos moi orgullosas polo seu esforzo e pola súa boa disposición para participar en todos os nosos proxectos que lles propoñemos, e aos que eles e elas dan sentido. 






Para finalizar compartimos a nova recollida hoxe na Voz de Galicia, xornal no que o Xan Viaño volve ser portada!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2021/05/23/ferrol-mantiene-recuerdo-ricardo-carballo-calero/0003_202105F23C10994.htm?utm_medium=referral&utm_source=facebook&utm_campaign=fbferr


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño